AXENDA

13 DE DECEMBRO!

XORNADAS SOBRE COOPERATIVISMO NO MEDIO RURAL



O venres 13 de decembro terán lugar as Xornadas sobre Cooperativismo no Medio Rural, no local social de Esmelle (Ferrol) e comenzarán ás seis da tarde seguindo o seguinte programa: 



DE 18.00 a 18.30 horas

PRESENTACIÓN DAS XORNADAS E AVALIACIÓN DE RESULTADOS ACADADOS NO PROGRAMA
PROGRAMA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO NO MEDIO RURAL
FALA: ROCÍO GARCÍA BRANDEIRO (COORDINADORA DO PROGRAMA)


DE 18.30 a 19.30 horas

COMO EMPRENDER NO RURAL MEDIANTE A FÓRMULA DA COOPERATIVA
UGACOTA (UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO)
FALA: TINO GAGO CONDE (RESPONSABLE DE PROXECTOS COOPERATIVOS DE UGACOTA)


DE 19.30 a 20.30 horas

FINANCIAMENTO E SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO MEDIO RURAL
ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE
FALA: NATIVIDAD GONZÁLEZ LASO (XERENTE DE COSTA NOROESTE)


DE 20.30 a 21.00 horas

INCORPORACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO PROXECTO VALLE DE ESMELLE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VAL DE ESMELLE

FALA: RAFAEL FERNÁNDEZ BECEIRO (MEMBRO DA DIRECTIVA VAL DE ESMELLE)




COMEZO O 11 DE NOVEMBRO!

CURSO DE INFORMÁTICA: "APRENDE A NAVEGAR POLA REDE"


OBXECTIVO

Dotar as participantes duns coñecementos básicos para mellorar a comunicación mediante as novas tecnoloxías informáticas, e dotalos de técnicas e estratexias para potenciar a comunicación entre os seus socios e posibles actividades empresarias na zona.


NUMERO DE PRAZAS

Prazas limitadas. Máximo 10 prazas por obradoiro.


LUGARES DE CELEBRACIÓN

  • Xunta Veciñal de Doniños - Lugar de Eirado, s/n. 
  • Asociación de Mulleres Rurais de Esmelle- San Xoán de Esmelle. Río de Aneiros s/n
  • Asociación de Veciños de Pazos, Serantes. Pazos s/n

PREZO

De balde.


DURACIÓN


8 obradoiros de 2 horas, repartidos en diferentes quendas dúas mañas de cada semana.



CONTIDOS:

  • Obradoiro 1: Informática básica. Como funciona a Internet.
  • Obradoiro 2: Aprendemos a buscar en Google. Emprego, fórmulas empresariais e financiamento.
  • Obradoiro 3: Creamos unha conta de correo.
  • Obradoiro 4: Creamos un blogue. 
  • Obradoiro 5: Redes Sociais. Creamos unha conta en Facebook.
  • Obradoiro 6: Gardamos as fotos on-line. Usamos YouTube.
  • Obradoiro 7: Navegadores Web.
  • Obradoiro 8: Os perigos da rede. Mercar seguro na Internet.

APUNTATE XA!



CURSO DE AXUDA NO FOGAR PARA COIDADORES/AS FAMILIARES:

COMEZO O 30 DE SETEMBRO!!!


OBXECTIVO

Facilitar coñecementos básicos ós coidadores/as para mellorar a atención das persoas dependentes, e dotalos de técnicas e estratexias para potenciar o autocoidado persoal.


NUMERO DE PRAZAS

Prazas limitadas. Máximo 15 prazas por obradoiro.


LUGARES DE CELEBRACIÓN

  • Asociación de Mulleres Rurais de Doniños - Lugar de Pereiro s/n. 
  • Asociación de Mulleres Rurais de Esmelle- San Xoán de Esmelle. Río de Aneiros s/n
  • Asociación de Veciños de Pazos, Serantes. Pazos s/n


PREZO

De balde.


DURACIÓN

12 obradoiros de 2 horas, repartidos en diferentes quendas dúas tardes de cada semana.


HORARIOS

  • De 5 a 7 da tarde ( Doniños)
  • De 7 a 9 da tarde ( Esmelle e Pazos)


CONTIDOS FORMATIVOS 

  • Obradoiro 1: Normas básicas para o aseo da persoa dependente.
  • Obradoiro 2: Recomendacións para unha nutrición completa.
  • Obradoiro 3: Transferencias e mobilizacións da persoa dependente.
  • Obradoiro 4: Hixiene e ergonomía postural.
  • Obradoiro 5: Posturas correctas en personas encamadas. Prevención de úlceras por presión.
  • Obradoiro 6: Normas básicas para a administración de fármacos.
  • Obradoiro 7: Manexo de produtos de apoio para a mobilidade e a vida diaria.
  • Obradoiro 8: Adaptacións no fogar.
  • Obradoiro 9: Grupos de autoaxuda e axuda mutua.
  • Obradoiro 10: Comunicación e manexo de situacións difíciles.
  • Obradoiro 11: Aprender a coidarme.
  • Obradoiro 12: Lecer e tempo libre do coidador/a.

Lembra que as prazas son limitadas, polo que se estás interesada en asistir a estes obradoiros envíanos unha mensaxe no formulario de contacto que aparece na parte dereita do blogue, o antes posible, e contactaremos contigo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario