jueves, 7 de noviembre de 2013

Non te perdas esta fantástica iniciativa contra a violencia de xénero



Co gallo do día Internacional de loita contra la violencia de xénero, o  25 de novembro, imos  a desenvolver una acción lúdico informativa, con tódolos nenos da zona rural de Ferrol.

A acción consistirá na gravación dunha curtametraxe, onde os nen@s interpretarán e bailarán unha coreografía contra a violencia de xénero, que posteriormente se divulgará en diferentes medios.  Polo que convidamos a tódolos nen@s de entre 5 e 14 anos da zona a participar nesta acción. 

O lugar de desenvolvemento será no no local social da Asociación de Pazos (Serantes), establecéndose o seguinte cronograma de actuación:

  • “Aprendemos a coreografía”: Venres, 15 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.
  • “Aprendemos a coreografía”: Venres, 22 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.
  • “Ensaio xeral”: Sábado, 23 de novembro, de 11.30 a 13.00 horas.
  • “Gravación da curtametraxe”: Venres, 29 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.

Para apuntarte envíanos un correo ó formulario de contacto na parte dereita deste blogue ou deixanos un comentario aquí ou ben no noso facebook.  

https://www.facebook.com/mullerruralferrol

Estariamos encantados de poder contar co maior número de nen@s da zona rural de Ferrol posible, e así poidamos facer chegar unha sólida mensaxe contra a violencia de xénero.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Derradeiras prazas dos obradoiros de Aprende a Navegar pola Rede

APÚNTATE XA!!


CONTIDOS FORMATIVOS 

  • Obradoiro 1: Informática básica. Como funciona a Internet.
  • Obradoiro 2: Aprendemos a buscar en Google. Emprego, fórmulas empresariais e financiamento.
  • Obradoiro 3: Creamos unha conta de correo.
  • Obradoiro 4: Creamos un blogue. 
  • Obradoiro 5: Redes Sociais. Creamos unha conta en Facebook.
  • Obradoiro 6: Gardamos as fotos on-line. Usamos YouTube.
  • Obradoiro 7: Navegadores Web.
  • Obradoiro 8: Os perigos da rede. Mercar seguro na Internet.

Para apuntarte envíanos un correo ó formulario de contacto na parte dereita deste blogue ou deixanos un comentario!