AUTOEMPREGO

QUE É O AUTOEMPREGO?

O autoemprego implica realizar unha actividade laboral por conta e risco propios. Ligada directamente a este término atópase a palabra emprender, que consiste en acometer e comezar unha obra, un negocio ou un proxecto. 

A unión destes dous conceptos plásmase cando entendemos o AUTOEMPREGO como EMPRENDER unha actividade realizada por conta propia, co obxectivo final de crear unha unidade de negocio rendible.

POR QUE EMPRENDER?

A decisión de iniciar un proceso de emprendemento pode estar motivada por diversos factores. En primeiro lugar temos a motivación denominada "por oportunidade", é dicir, aquela que vén propiciada pola existencia dunha idea de negocio con moitas posibilidades de ter éxito. Tamén existe a motivación determinada "por necesidade", sendo a falta de emprego estable, ou outros factores externos, a que impulsa a elixir a opción do autoemprego.


O autoemprego axuda a estimular o desenvolvemento da vocación empresarial e a xeración de empresas, logrando así ser o motor social na súa calidade de creador de emprego e riqueza, fomentando e impulsando para iso o recoñecemento social da empresa como un instrumento adecuado para o crecemento, o desenvolvemento e o incremento da actividade económica á vez que se saca o partido ao potencial do emprendedor.

Debemos embarcarnos na aventura do emprendemento porque:
  • É a nosa obriga como persoas, como membros dunha familia e como membros dunha comunidade.
  • É un instrumento de liberdade.
  • Non che gusta que che manden.
  • Gústache mandar.
  • Viches unha oportunidade.
  • Tes unha idea dun produto ou un servizo que desenvolver.
  • Un soño, unha visión.
  • A procura da independencia.
  • A posibilidade de construír algo que me permita ser dono do meu tempo.

E aínda que che atopes con obstáculos como:

  • O castigo social ao fracaso emprendedor.
  • A visión de moitas persoas sobre a "maldade" inherente da empresaria ou o empresario (avaricia, explotación, falta de ética son algunhas das visións máis compartidas).
  • A carencia de apoio de financiamento suficiente e oportuna.

Recorda que o importante é a perseveranza, a disciplina, a responsabilidade, o dominio e a confianza, porque emprender é un acto socialmente responsable de face á defensa e a mellora das boas condicións de calidade de vida.


CALES SON Os ERROS MÁIS FRECUENTES DO EMPRENDEDOR/Á O EMPRENDER?

Cando empezamos a emprender é fácil tropezar cos seguintes erros:

  • Empezar con falta de liquidez: todos os negocios baséanse na confianza e para gañarlla non só hai que ter un bo produto ou servizo: Hai que ter paciencia e gañarse a confianza persoal da clientela. Un bo Plan de Empresa axudarache a estimar as túas previsións de ingresos e gastos en todo momento.
  • Descoñecemento do mercado: Estuda con detemento o perfil e os hábitos da túa clientela potencial  idade, ubicación, capacidade económica, produtos de consumo, medidas de fidelización, etc.
  • Limitacións de traballar cunha soa empresa: É necesario diversificar as relacións comerciais para minimizar o risco en todo o posible.
  • Cando a persoa que se asocia comigo non é a adecuada: Anticípache a posibles desencontros profesionais co teu soci@ e pacta desde o inicio os métodos de solución de controversias (desde reunións periódicas para analizar estratexias, queixas, expectativas, etc. ata o sometimiento a arbitraje institucional en caso de graves conflitos).

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar