PROXECTO

PROXECTO:
FOMENTO DO COOPERATIVISMO DA MULLER RURAL FERROLÁ


A. Contextualización do proxecto e xustificación

O entorno metropolitano de Ferrol, ven propiciando nos últimos 20 anos, unha situación de destrucción de emprego, propiciada en gran medida polas diferentes reconversións do sector naval na comarca. Este fenómeno, que afectou de forma laboral a milleiros de familias no entorno, propiciou ao tempo que se adelgazaran os movementos comerciais e se producira unha contracción no gasto, que de xeito colateral afectou a tódolos sectores poboacionais, económicos e sociais.

Ante estas situacións de crise, os colectivos máis desprotexidos tenden a ser as mulleres, e de xeito maior as que se atopan no medio rural. Nestas zonas, visibilízase máis o aillamento social, ausencia de recursos, as necesidades de formación, e é onde as administracións deben incidir en maior medida, buscando o equilibrio en oportunidades a respecto das áreas urbanas.

Neste senso, entendemos que as parroquias do rural de Ferrol deben recibir un apoio en aras da igualdade co resto do entorno, promovendo actividades e accións que permitan potenciar a colectivos para que poidan desenvolver o seu proxecto vital en igualdade de condicións que a xente que viva en entornos non rurais.

Preséntase o presente proxecto coa finalidade de que dentro de esta zona delimitada se protexa a un colectivo se cabe aínda máis vulnerable: as mulleres do entorno rural, para que desde xeito teñan a posibilidade de participar nun itinerario de accións que lles permitan ter formación sobre fórmulas de empredemento e autoemprego, coñecementos de cara a poder ser actrices do seu propio ciclo profesional, buscando potencialidades e recursos no seu propio entorno.


B. Obxectivo principal

O obxectivo principal deste proxecto é o fomento de cooperativismo como forma de  autoemprego para as mulleres do entorno rural de Ferrol.  

Para poder acadar este obxectivo final o proxecto terase que desenvolver en catro fases diferenciadas que se terán que desenvolver na seguinte secuencia lóxica para  poder chegar o eslavón final: o autoemprego da muller rural ferrolá mediante o cooperativismo.

C. Fases do programa

1.    Análise de mercado:

Recollida de datos

·         Análise externo: Procura de datos estatísticos demográficos, sociais e económicos do municipio e parroquias.
·         Análise interno: Procura de datos estatísticos ao sector de poboación obxectivo previamente delimitado mediante enquisas. Véxase enquisa*

Mercado potencial

  • Idenficación de sectores de actividade.
  • Identificación de nichos de emprego e/ou de oportunidades para a xeración de emprego e de actividade económica.

2.    Estudio de resultados obtidos:

Mediante o estudio dos resultados acadados na fase previa establecerase o perfil probabilístico da muller rural ferrolán a partir do cal se establecerán os os sectores de actividade máis axeitados para o perfil obtido, así coma as ferramentas adecuadas para desenvolver as accións encamiñadas a formación da seguinte fase.

3.    Implementación de actividades formativas:

Formulación dun itinerário personalizado de accións formativas e de acompañamento que axuden ás participantes a descubrir as potencialidades económicas do entorno e a valorar a posibilidade de crear cooperativas de traballadoras que poidan desenvolver servizos de proximidades ligados ao entorno e que creen riqueza e servizos no rural ferrolán. Estas accións serán realizadas en diferentes parroquias da zona rural ferrolán. O número de accións a realizar e os lugares serán pactados coas entidades de mulleres e  o movemento veciñal do rural ferrolán.

Algunhas das actividades formativas entre outras a impartir segundo as necesidades da zona serán:
·         Iniciativas de autoemprego
·         Xantar sobre rodas
·         Axuda no fogar
·         Venda de alimentos por internet
·         Promoción turística, cultural e medioambiental

4.    Autoemprego da muller rural

Unha vez impartidos os talleres formativos onde se trazarán as pautas a seguir e se dotará as usuarias das ferramentas precisas para que sexan capaces de iniciarse nos sectores de actividade obxecto de resultado da análise previa, guiarase a aquelas mulleres que cheguen o final do proceso para que sexan quen de iniciar un proxecto empresarial baseado no cooperativismo.

Véxanse posibles fontes de financiación.

Véxase exemplos de cooperativas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario