martes, 10 de diciembre de 2013

Xornadas sobre Cooperativismo no Medio Rural



Como punto final ó programa de Fomento de Cooperativismo no Medio Rural ímos a rematar cunhas Xornadas adicadas ó Cooperativismo, onde imos contar con diferentes relatores de diferentes organismos que nos van a explicar dunha forma sinxela todas esas dúbidas que sempre nos aparecen e nunca tivemos oportunidade de preguntar sobre o emprendemento e a fórmula cooperativa. 

As xornadas terán lugar o venres 13 de decembro, no local social de Esmelle (Ferrol) e comenzarán ás seis da tarde seguindo o seguinte programa: 

  • DE 18.00 a 18.30 horas
PRESENTACIÓN DAS XORNADAS E AVALIACIÓN DE RESULTADOS ACADADOS NO PROGRAMA
PROGRAMA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO NO MEDIO RURAL
FALA: ROCÍO GARCÍA BRANDEIRO (COORDINADORA DO PROGRAMA)

  • DE 18.30 a 19.30 horas
COMO EMPRENDER NO RURAL MEDIANTE A FÓRMULA DA COOPERATIVA
UGACOTA (UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO)
FALA: TINO GAGO CONDE (RESPONSABLE DE PROXECTOS COOPERATIVOS DE UGACOTA)

  • DE 19.30 a 20.30 horas
FINANCIAMENTO E SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO MEDIO RURAL
ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE
FALA: NATIVIDAD GONZÁLEZ LASO (XERENTE DE COSTA NOROESTE)

  • DE 20.30 a 21.00 horas
INCORPORACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO PROXECTO VALLE DE ESMELLE
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VAL DE ESMELLE
FALA: RAFAEL FERNÁNDEZ BECEIRO (MEMBRO DA DIRECTIVA VAL DE ESMELLE)

Se actualmente te atopas en situación de desemprego e resides no rural, NON PODES FALTAR!

jueves, 7 de noviembre de 2013

Non te perdas esta fantástica iniciativa contra a violencia de xénero



Co gallo do día Internacional de loita contra la violencia de xénero, o  25 de novembro, imos  a desenvolver una acción lúdico informativa, con tódolos nenos da zona rural de Ferrol.

A acción consistirá na gravación dunha curtametraxe, onde os nen@s interpretarán e bailarán unha coreografía contra a violencia de xénero, que posteriormente se divulgará en diferentes medios.  Polo que convidamos a tódolos nen@s de entre 5 e 14 anos da zona a participar nesta acción. 

O lugar de desenvolvemento será no no local social da Asociación de Pazos (Serantes), establecéndose o seguinte cronograma de actuación:

  • “Aprendemos a coreografía”: Venres, 15 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.
  • “Aprendemos a coreografía”: Venres, 22 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.
  • “Ensaio xeral”: Sábado, 23 de novembro, de 11.30 a 13.00 horas.
  • “Gravación da curtametraxe”: Venres, 29 de novembro, de 17.30 a 19.00 horas.

Para apuntarte envíanos un correo ó formulario de contacto na parte dereita deste blogue ou deixanos un comentario aquí ou ben no noso facebook.  

https://www.facebook.com/mullerruralferrol

Estariamos encantados de poder contar co maior número de nen@s da zona rural de Ferrol posible, e así poidamos facer chegar unha sólida mensaxe contra a violencia de xénero.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Derradeiras prazas dos obradoiros de Aprende a Navegar pola Rede

APÚNTATE XA!!


CONTIDOS FORMATIVOS 

  • Obradoiro 1: Informática básica. Como funciona a Internet.
  • Obradoiro 2: Aprendemos a buscar en Google. Emprego, fórmulas empresariais e financiamento.
  • Obradoiro 3: Creamos unha conta de correo.
  • Obradoiro 4: Creamos un blogue. 
  • Obradoiro 5: Redes Sociais. Creamos unha conta en Facebook.
  • Obradoiro 6: Gardamos as fotos on-line. Usamos YouTube.
  • Obradoiro 7: Navegadores Web.
  • Obradoiro 8: Os perigos da rede. Mercar seguro na Internet.

Para apuntarte envíanos un correo ó formulario de contacto na parte dereita deste blogue ou deixanos un comentario!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Derradeiras prazas dos obradoiros de Axuda no Fogar para Coidadores/as Familiares

APÚNTATE XA!!




CONTIDOS FORMATIVOS 


  • Obradoiro 1: Normas básicas para o aseo da persoa dependente.
  • Obradoiro 2: Recomendacións para unha nutrición completa.
  • Obradoiro 3: Transferencias e mobilizacións da persoa dependente.
  • Obradoiro 4: Hixiene e ergonomía postural.
  • Obradoiro 5: Posturas correctas en personas encamadas. Prevención de úlceras por presión.
  • Obradoiro 6: Normas básicas para a administración de fármacos.
  • Obradoiro 7: Manexo de produtos de apoio para a mobilidade e a vida diaria.
  • Obradoiro 8: Adaptacións no fogar.
  • Obradoiro 9: Grupos de autoaxuda e axuda mutua.
  • Obradoiro 10: Comunicación e manexo de situacións difíciles.
  • Obradoiro 11: Aprender a coidarme.
  • Obradoiro 12: Lecer e tempo libre do coidador/a.

Para apuntarte envíanos un correo ó formulario de contacto na parte dereita deste blogue ou deixanos un comentario!

lunes, 16 de septiembre de 2013

Síguenos no Facebook!

Xa estamos no Facebook, así que convidámosvos a que visitedes a nosa páxina e premades no botón de "me gusta" para que poidades seguir toda a actualidade do proxecto e tódolos cursos que estamos a impartir. 

Deixámosvos o link do Facebook a continuación: 


viernes, 2 de agosto de 2013

Presentación

Presentación Proxecto: Fomento do Cooperativismo dá Muller Rural Ferrolá

Comprácenos escribir esta primeira entrada no blog para presentar o proxecto no que estamos traballando e co que pretendemos chegar ao maior número de interesadas posibles coa colaboración de todas aquelas entidades que crean póidanse ver involucradas no mesmo, aínda que só sexa como medio de difusión.

O principal obxectivo do proxecto, en vista da difícil situación de desemprego que estamos atravesando, é o fomento do cooperativismo como fórmula de autoempleo na contorna rural de Ferrol. O público obxectivo ao que irá dirixido serán mulleres pois trátasse dun proxecto enmarcado dentro da Concellería de Igualdade do concello de Ferrrol. 

Na pestaña de PROXECTO poderán ver tanto planning inicial e fases de desenvolvemento do mesmo onde poderán observar con maior detalle o desenvolvemento das fases que abarcaría o proxecto; tendo en conta que tanto a fases de accións formativas así como a de desenvolvemento de diferentes fórmulas cooperativas son susceptibles de ser modificadas, pois a dirección do mesmo marcaríana os resultados obtidos do estudo do perfil da muller da contorna rural de Ferrol de hoxe en día.

Inicialmente estamos tomando como principais centros de actuación de referencia as asociacións de veciños da zona rural, especialmente incidiendo nas zonas de Doniños, Esmelle e Serantes principais centros neurálxicos do asociacionismo da muller rural na zona, aínda que a nosa zona de traballo abrangue toda a zona rural de Ferrol.

Estariamos encantados de poder contar coa súa colaboración neste proxecto, no que confiamos podamos chegar ao maior número de interesadas e por tanto acadar un maior desenvolvemento económico da zona.

Para unha maior información non dubiden contactar con nós mediante o formulario de contacto de este mesmo blog, pois estaríamos encantados de que poideramos concertar unha cita para presentarlles este proxecto personalmente, do mesmo xeito que poderemos aclarar calquera dúbida a cerca do mesmo ou ben aceptar calquera suxestión.