FERROL RURAL

ESMELLE




San Xoán de Esmelle é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ferrol na comarca homónima e que ocupa o val do mesmo nome que acaba rematando á beira do océano Atlántico, onde se creou un areal moi visitado no verán.

a)               Poboación

Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 423 habitantes (224 homes e 199 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón diminución en relación ao ano 2004 cando contaba con 457 habitantes. Esta poboación sofre un incremento durante a época estival por mor das segundas residencias.


Datos do ano 2012
Poboación total: 423
Homes: 224
Mulleres: 199

b)               Patrimonio

O Mago Merlín
O Val de Esmelle é unha zona rica en auga. O Roxedoiro, o Saído, o Migues e o San Xurxo son os catro pequenos ríos que circulan polo Val. Neles podemos atopar 22 antigos muíños, fontes, lavadoiros que noutros tempos formaban parte da vida cotiá dos habitantes da zona rural.

Muíño de Otero

Outra vista

Outra vista

Nesta ruta percorreremos gran parte deste patrimonio da auga:
- Muíño de Otero e o Parque de Merlín
- Igrexa Parroquial e Fonte da Igrexa
- Lavadoiro e Fonte de Evarista
- Muíño de Lavandeira
- Lavadoiro e Fonte do Conde
- Muíño do Santo
- Muíño das Mariñas
- Muíño das Salgueiras
- Muíño de Varela
- Muíño Novo
- Muíño de Felipe
- Muíño do Ferreiro
- Muíño de Serantes
- Muíño de Lousas
- Muíño de Farruco
- Muíño Vello
- Muíño de Rioxunto
- Muíño da Longra
- Castro de Tralocastro
Os muíños de Otero, Lavandeira, Salgueiras e Ferreiro, e a Fonte de Evarista, na actualidade atópanse restaurados pola iniciativa veciñal a través do Proxecto Esmelle.

c)               Lugares da parroquia de Esmelle 


·       A Castiñeira

·       Chá da Mariña  

·       Esmelle

·       Lodeiro  

·       Mougá  

·       Rioxunto
Igrexa parroquial de San Xoán de Esmelle



d)               Festas de Esmelle 


As festas patronais en Esmelle son en honra a San Xoan, o 24 de xuño.

Programa 2013:

Domingo 23 de xuño, comeza a celebración das festas en honor a San Xoán na parroquia de Esmelle coa sesión vermú a cargo do grupo Aroma. Pola pola noite celebrarase unha Gran Lumarada que estará amenizada por unha gran verbena a cargo do grupo Aroma e a actuación estelar de Luís Queimada.

Luns 24, pola mañá haberá dianas e alboradas e a continuación terá lugar o percorrido dos gaiteiros por a parroquia. Ás 13.30 horas celebrarase a misa solemne en honor ao patrón San Xoán e posterior procesión. A continuación celebrarase a sesión vermú a cargo da orquesta Oceáno e pola noite terá lugar unha gran verbena amenizada polo grupo Aroma e a orquesta Oceáno.

Martes 25, comezará o día con dianas e alboradas e ao mediodía terá lugar a sesión vermú a cargo da orquesta Limón. Pola noite a verbena de fin de festas estará amenizada polas orquestas Limón e Paris de Noia.


DONIÑOS






San Román de Doniños é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol. Segundo o INE no ano 2007 tiña 840 habitantes, 13 menos que no 2004 (cando tiña 429 homes e 424 mulleres), pero sen embargo é de destacar o pulo sufrido no ano 2012 cando ten 879 habitantes, 39 máis que no 2007, distribuídos en 10 entidades de poboación.


Datos do ano 2012
Poboación total: 879
Homes: 441
Mulleres: 438


a)               Localización e características

Igrexa parroquial de San Román

Nesta parroquia está a lagoa de Doniños, fronte á praia de Doniños, encaixada nun val arrodeado por covos mariños. A área protexida, enmarcada no Lugar de Interese Comunitario Costa Ártabra (que abrangue parte da comarca de Ferrolterra), abrangue aquí a praia de Doniños, o complexo dunar e a lagoa de Doniños, de case nove metros de profundidade.
Arrodeada por manchas boscosas de ribeira, destaca na súa vexetación a presenza de plantas acuáticas nos bordes da lagoa, como a ranunculus aquatilis, a potamogeton natans ou a nimphaea alba. A eleocharis acicularis e a litorella uniflora pódense atopar nas áreas encharcadas.
As aves tamén abondan, coa presenza de exemplares de fochas, zampullíns chicos, ánade real e cerceta común.
A praia de Doniños é rectilínea, de area branca e fina, ventosa e con forte ondaxe sita nun entorno rural. Conta con dúas zonas diferenciadas: Punta Penencia (pouco masificada) e Outeiro (máis ocupada). Trátase do principal centro de atracción na cidade de Ferrol para a práctica do surf, xunto con areais como Pantín, xa no concello de Valdoviño.
Dotada de Bandeira Azul, trátase dunha praia aberta, cunha lonxitude de 1,7 quilómetros. A súa ocupación é alta na tempada estival. É o areal máis próximo ao casco urbano de Ferrol (6 quilómetros).

Batería de San Carlos
A Punta do Castro son uns restos dun poboamento castrexo prerromano situado no límite norte do areal, no que se atoparon xoias e atributos de dignidade celtas, ademais dos restos dun castelo e as instalacións dunha batería de artillería de costa, servida pola Armada.
O 25 de agosto de 1800 unha dotación da Armada Inglesa composta por navíos de guerra e infantería tentou ocupar a cidade de Ferrol, desembarcando na praia de Doniños. Porén, as tropas do almirante Warren tiveron problemas coa resaca do mar, sendo as chalupas pasto dos canóns ferroláns.
Contan as crónicas que "o camiño estaba ben defendido e o paso pola lagoa de Doniños era impracticable", polo que "a praia de Doniños contribuíu á derrota inglesa". Trátase da Batalla de Brión, lembrada cada verán -xa na actualidade- por moitos veciños cunha suba a pé aos montes da contorna.

b)               Lugares da parroquia de Doniños

·       Cariño  
·       A Chousa  
·       Confurco  
·       Doniños
·       Fontá
·       Mougá  
·       Pieiro
·       Valón  
·       Valón Vello
·       Vilar

Monumento o figado de Valón

As festas patronais en Doniños son en honra a San Román, coincidindo normalmente a primeira ou segunda fin de semana de agosto. 

Programa 2013: 

Venres 9 de agosto,  o programa de festas arraca ás oito da mañá coas bombas de palenque e o percorrido coas tradicionais carrozas. Ás 13.00 horas haberá unha misa e a partir das 14.30 horas sesión vermú amenizada pola orquesta Venecia. Pola tarde, ás seis, celebrarase o IX Trofeo Gumersindo Bouza e ás 23.00 haberá verbena a cargo de Xente Nova e de novo Venecia. Unha hora máis tarde, ás 24.00, terá lugar a "gran invasión pirata".

Sábado 10 de agosto, a actividade continuará cunha nova misa (ás 13.00 horas) e unha cita co baile galego e a sesión vermú a partir das dúas da tarde. Ás seis terá lugar o I Atopo Futbolístico Doniños-Mandiá, que abrirá paso á festa da noite con "Madeira" e Grupo Sorpresa.


SERANTES




San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.931 habitantes (991 mulleres e 940 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2012 cando conta con 1.905 habitantes.


Datos do ano 2012
Poboación total: 423
Homes: 224
Mulleres: 199

 

a)               Historia

A parroquia de San Salvador de Serantes foi a capital do concello de Serantes, municipio hoxe desaparecido que abranguía a totalidade das parroquias rurais de Ferrol, máis algunha outra que no presente forma parte do tecido urbano da cidade.
O 21 de xaneiro de 1940, foi a data da anexión deste concello polo de Ferrol. En 1972 inaugurouse en Serantes a Escola Universitaria Politécnica de enxeñería naval e industrial.

b)               Patrimonio

(1)            A ermida de Chamorro
Vista desde a ermida de Chamorro

Ermida de Chamorro
A ermida, construída no século XVI, está situada na aba do monte do mesmo nome e desde o seu adro, a 175 m de altitude, contémplase unha magnífica vista panorámica da comarca ferrolá, co val de Serantes en primeiro termo e ao fondo a cidade de Ferrol. Esta ermida ten unha estraña e curiosa arquitectura. Por exemplo, non se entra por diante senón por un lateral, ao que se engadiu un voladizo para integrar a peaña coa estatua da Virxe, chamada do Nordés, parece ser románica do século XII. Neste belo lugar celébrase unha concorrida romaría o luns de Pascua, desde o ano 1628, como acción de grazas a Virxe pola súa intersección nun forte temporal.
Na zona na que está ermida téñense atopado petroglifos.
(2)            Serantinos de sona
Casa natal de Torrente Ballester
Nesta parroquia naceu o 13 de xuño de 1910 o escritor Gonzalo Torrente Ballester e no seu cemiterio parroquial descansan os seus restos. Tamén naceu en Serantes o escritor universal Juan Farias, o 31 de marzo do 1935.

c)                Lugares de Serantes

·       Aneiros  
·       Avenida do 19 de Febreiro  
·       Bosque
·       Catabois  
·       Os Corrás  
·       Coto
·       A Malata  
·       Pazos
·       Serantellos  
·       Viladóniga
·       Vilasanche

Viladóniga


As festas patronais en Serantes son en honra a San Salvador, coincidindo normalmente no 6 e 7 de agosto. 

Romaría da Virxe de Chamorro

A romaría da Virxe de Chamorro é unha das celebracións máis tradicionais da comarca. Nesta romaría hónrase á patroa da cidade, "Nosa Señora de Nordés", tamén coñecida como a "Virxe do Chamorro". Realízase o luns de Pascua.

 A romaría de Chamorro a cal congrega a maiores e aos máis novos, nos arredores da ermida da Nosa Señora do Nordés. Normalmente os actos litúrxicos, comezan ás oito da mañá e repitense cada hora ata a unha da tarde, cando a imaxe da virxe sae en procesión. Tamén se colocan postos para que a xornada, ademais de relixiosa, sexa lúdica e completa e para finalizar, lanzanse as habituais bombas de palenque.



No hay comentarios:

Publicar un comentario